O Concello da Estrada rexistrou un novo récord ao recibir
170 solicitudes para a celebración de lumeiros durante a noite de San Xoán, dez máis ca
no ano 2021 e cifra que supera á centena de solicitudes recibidas de media cada ano
durante estas datas.
Do total de solicitudes, 156 están ubicadas no eido rural e 14 pertencen ao casco urbano
da vila. Este aumento vén ligado á recuperación da normalidade no San Xoán este 2022,
coa posibilidade de volver celebrar os lumeiros en espazos públicos por primeira vez
dende o comezo da pandemia. Durante a noite do 23 de xuño haberá, polo tanto,
lumeiros veciñais, parroquiais ou de barrios.
No ámbito rural recuperaranse este ano o San Xoán do Areal de Berres ou o do castro de
Callobre, aos que se sumará un ano máis o San Xoán de A Praíña de Pontevea, en Couso.
No centro da vila tamén volverán celebrar o San Xoán despois de dous anos de parón
pola pandemia barrios como o da Cañoteira, o de Figueiroa, a Avenida de Vigo ou a rúa
do Muíño.
Outro dos principais lumeiros que se recuperará este ano será o das festas patronais do
San Paio, que terá lugar no aparcadoiro do Teatro Principal durante a sardiñada popular
que se celebrará a partir das 22.00 horas. Contará con 500 quilos de sardiñas gratis
doadas polas pescaderías Chedas, Blanco, Pinche, Rafa Carbia e Fran, e haberá
acompañamento musical a cargo do grupo Regatos.
Este mércores 22 de xuño será o último día para obter o permiso a través da sede
electrónica ou da oficina de rexistro do Concello da Estrada.
A Estrada rexistra un novo récord con 170
solicitudes de lumeiros para a noite de San Xoán
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































