O vindeiro luns abrirá o prazo de solicitude para
participar no programa de vacacións do Imserso

O programa de Vacacións para Maiores do Imserso, co
que colabora o Concello da Estrada, manterá aberto dende o 27 de xuño ata o 19 de xullo
o prazo de inscrición para participar durante a tempada 2022/2023.
Aqueles/as estradenses que queiran acollerse ao Programa de Vacacións para Maiores
deberán reunir os seguintes requisitos: ser residente e estar empadroado/a no municipio,
ser maior de 65 anos, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, de
viuvez con idade igual ou superior a 55 anos, ou outras pensións cunha idade de 60 anos
como mínimo.
Unicamente poderá acompañar á persoa beneficiaria o/a cónxuxe, aínda que non acade
a idade, sempre e cando reúna os demais requisitos, e un fillo/a cun grao de
discapacidade igual ou superior ao 45%.
Para poder participar, os/as interesados/as poderán presentar a solicitude para darse de
alta no Imserso acompañada do impreso municipal para a reserva de praza de xeito
presencial, no Departamento de Servizos Sociais ou no rexistro xeral do Concello, ou a
través da sede electrónica do Concello da Estrada. Aquelas persoas que xa se beneficiaran
do programa de Vacacións para Maiores noutras tempadas xa figuran de alta no Imserso
e só deberán presentar a solicitude municipal de reserva de praza.
O primeiro día para inscribirse, o luns 27 de xuño, coincidirá na Estrada co festivo local
polas festas patronais do San Paio, polo que durante esa xornada só se poderá presentar
a solicitude a través da sede electrónica do Concello.
No caso de ter dificultades para a realización dos trámites, poderán achegarse ao
Departamento de Servizos Sociais de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou
chamar ao teléfono 986 573 265. Durante a pasada tempada, o Concello da Estrada
rexistrou 274 solicitudes.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta