A Estrada comeza a retirada de máis de oito
vehículos abandonados do seu casco urbano

A Policía Local do Concello da Estrada está a traballar na
retirada de máis de oito vehículos abandonados situados en varias rúas do casco urbano
do municipio co obxectivo de mellorar a imaxe do pobo e eliminar estos elementos
contaminantes que reducen as prazas de aparcadoiro dispoñibles.
A campaña foi iniciada coa retirada de dous vehículos da rúa Manuel de la Calle e da
Avenida de Marín, e nos vindeiros días retiraranse outros seis vehículos abandonados
estacionados nas seguintes vías: na N-640, á altura de Matalobos; na rúa 14; no Camiño
Real; na 2a Travesía do Matadoiro; no Camiño a Ouzande; no Camiño das Pozas e na
Avenida de Pontevedra.
Durante as próximas semanas, a Policía Local porá o foco no rural, onde se identificaron
case unha centena de vehículos sospeitosos de estar en situación e abandono tanto na
vía pública como en terreos privados. Deste total, máis de 50 xa foron retirados polos
seus propietarios unha vez recibida a notificación da Policía Local, e procederase á
retirada forzosa de preto de 40 logo de non poder efectuar a comunicación aos seus
propietarios ou de superar o prazo dun mes do que dispoñen para retirar o seu vehículo.
Grazas a un convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, a retirada do vehículo e
mais o seu posterior desmontaxe e desinfección realizarao unha empresa contratada
polo ente provincial.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta