56 familias estradenses optan ás axudas municipais á
escolarización para o curso 2022/2023

O Departamento de Servizos Sociais, que dirixe Amalia
Goldar, vén de recibir en prazo un total de 56 solicitudes para beneficiarse das axudas
municipais á escolarización para o vindeiro curso escolar 2022/2023, dirixidas a familias
con dificultades socioeconómicas.
Estas subvencións, financiadas con fondos propios do Concello da Estrada, contan cun
orzamento de 23.000 euros, o que supón un incremento de 3.000 euros con respecto á
anterior convocatoria. Do total, 7.000 euros están adicados á adquisición de libros de
texto e material escolar para o segundo ciclo de Educación Infantil; e 16.000 euros
empréganse para o pagamento do comedor escolar para nenos/as do segundo ciclo de
Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
Unha vez estudadas as solicitudes, o Departamento de Servizos Sociais elaborará unha
listaxe de admitidosseguindo a baremación establecida conforme aos seguintes factores:
a situación económica dos proxenitores; a situación socio-familiar; e a avaliación da
necesidade de conciliación laboral e familiar. Dependendo da puntuación obtida, cada
familia poderá beneficiarse dunha axuda que subvencionará dende o 30% ata o 100% do
gasto total.
“Os pagos realizaranse en catro prazos, evitando deste xeito agardar ata o remate do
curso escolar para outorgar toda a subvención, co obxectivo de que as familias teñan que
adiantar a menor cantidade de cartos posible e non lles supoña un esforzo económico
importante”, explicou Goldar. Na anterior convocatoria beneficiáronse desta iniciativa
municipal 51 familias da Estrada

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.