A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
(ADOS), en colaboración co Concello de A Estrada, promoven o desenvolvemento da campaña
especial “Tres Millóns de Grazas”, como recoñecemento aos máis de tres millóns de doazóns
realizadas polos galegos e galegas dende o ano 1993, achegando o solidario xesto da doazón de
sangue á capital de Tabeirós-Terra de Montes.
Dende ADOS sublíñase o carácter solidario e altruísta da cidadanía de A Estrada, que no ano 2021 efectuou un total de 716 doazóns de sangue, o que significa unha taxa de 35 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano, nun período tamén condicionado polas circunstancias da pandemia da COVID-19.
Necesidade constante O Concello de A Estrada e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue promoven a colaboración da veciñanza na campaña de doazón de sangue para asegurar o gran labor asistencial dos 32 centros hospitalarios galegos, que
precisan entre 400 e 500 doazóns diarias. Por iso, dende o Concello de A Estrada animase a doar sangue.
Para tentar garantir unha resposta adecuada co obxecto de cubrir a demanda de compoñentes
sanguíneos que necesitan os hospitais galegos, desenvólvense acciones informativas cos concellos.
Nesta campaña “Tres millóns de Grazas” encádrase a colaboración que se levará en A Estrada
cunha unidade móbil de ADOS.
Campaña na Praza da Constitución A unidade móbil de ADOS estará situada na Paza da Constitución (diante da Casa do Concello) o venres 23 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00, e o sábado 24, de 10:00 a 15.00 horas. ADOS lembra que para doar sangue, debemos ser maiores de idade, pesar máis de 50 quilos e non padecer ou ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue. Non se precisa cita previa.
A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E O CONCELLO DE A ESTRADA
PROMOVEN A PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA NA CAMPAÑA SOLIDARIA “TRES
MILLÓNS DE GRAZAS”
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































