Na xornada de onte o alcalde, Don Xosé López, acompañado do concelleiro de deportes, Don Ismael Pena, facían entrega de dous desfibriladores semiautomáticos externos para persoal non sanitario a representantes dos equipos de Figueroa e Callobre, instalacións deportivas onde se concentra un maior número de usuarios.
O custo dos desfibriladores foi asumido nun 50% pola Deputación de Pontevedra e a outra metade do prezo pola administración local.
Ademais da instalación dos aparatos, o Concello de A Estrada formou tecnicamente a tres persoas, para que coñezan o procedemento de uso dos mesmos.
Gravación: Adrián Eiras
Fotografía: Mariana Dono
Redacción: Iria Eiras








































