O sábado 29 de outubro conmemórase o Día Mundial do ICTUS. Este enfermidade hoxe é a primeira causa de Dano Cerebral Adquirido (DCA) en España. Concretamente o 78% dos casos de DCA é debido a un ictus, moi por diante doutras causas como os traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais etc.
Sarela celebra do Día do ICTUS anticipadamente mañá venres, 28 de outubro, con presenza nos hospitais e nalgúns centros de saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza. Concretamente Sarela instalará puntos de información entre as 10:30 e as 12:30 en:
– Complexo Hospitalaria Universitaria de Santiago.
– Hospital da Barbanza (Ribeira)
– Centro de saúde de Lalín.
– Centro de saúde de Arzúa.
– Centro de saúde de Mazaricos.
O ictus pode ser isquémico (falta de irrigación sanguínea debido á interrupción súbita e inmediata do fluxo do sangue) ou hemorráxico (rotura dun vaso sanguíneo encefálico debido a unha suba da tensión ou a un aneurisma conxénito). Algúns datos da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) ILUSTRAN a dimensión da incidencia do ictus en España:
- Cada ano unhas 000 persoas en España sofren un ictus, dos cales un 15% falecerán e un máis do 30% terán dependencia funcional.
- É a 2ª causa de morte no mundo e a 1ª causa de discapacidade en forma de DCA (Dano Cerebral Adquirido).
- En España é a primeira causa de mortes en mulleres e segunda en homes.
- Nos próximos 20 anos aumentará un 40% o número de casos debido ao avellentamento da poboación.
- Unha de cada seis persoas sufrirá un ictus, das cales un 50% terá secuelas discapacitantes ou morrerá. Cada ano falecen por esta causa 27.000 persoas.
- Estes son só algúns datos da incidencia do ictus na nosa sociedade, unha patoloxía que debido á maior esperanza de vida irá medrando nos vindeiros anos. O ictus cambiou o perfil de persoas con Dano Cerebral. A finais dos anos 80 a poboación nova era a máis afectada debido aos accidentes de tráfico. Hoxe o 65% son maiores de 65 anos e o ictus é a causa no 78% dos casos.
- A pesar diso, desde a SEN insístese tamén en que non debemos pensar que é unha enfermidade asociada unicamente á idade: o 27% dos ictus atendidos nos hospitais españois corresponden a persoas menores de 65 anos.
Prevención e detección
- Segundo a SEN o 80% dos ictus poderían evitarse con medidas cerebro-saudables como deixar de fumar, limitar o consumo de alcohol, realizar exercicio de forma regular, seguir unha dieta equilibrada e variada, evitar o sobrepeso e o estrés crónico e controlando adecuadamente a tensión arterial, el azucre e o colesterol”.
- Un dos problemas que existe é que só un 10% da poboación española sabería definir correctamente que é un ictus e só o 50% recoñecer algún dos síntomas desta enfermidade. Neste sentido é importante incidir nos tres sinais de alarma coñecidos como os 3F: problemas na Fala, na Forza e na Faciana.
Que pasa despois do ictus?
O ictus é unha enfermidade tempo-dependente. Quere dicir que canto máis temperá sexa a súa detección, o acceso a probas e ao tratamento, maior será a probabilidade de sobrevivir á enfermidade e maior tamén a de superalo sen secuelas. Por iso se di que no ictus “o tempo é vida”.
En caso de ter secuelas en forma de Dano Cerebral é importante ter unha rehabilitación inmediata e especializada. Unha vez de volta a casa é importantes contactar co servizo de traballo social de atención especializada ou primaria e/ou da asociación de dano cerebral que corresponda e solicitar información e apoio sobre a situación e necesidades do familiar con dano cerebral adquirido.







































