Teatro, obradoiros, títeres ou narración oral serán os principais reclamos
da vixente edición da mostra, que estará presentada por Pablo Chichas.
Todas as actividades serán de balde e as 300 primeiras compras
recibirán un litro de leite de agasallo.
Todas as obras á venta terán un desconto do 10%.
O Concello da Estrada organiza un ano máis,
en colaboración coas librarías e a Cruz Vermella da Estrada, a popular Feira
das Letras, que encherá de cultura a praza do Concello os días 21 e 22 de
abril.
A sala de Xuntas da casa consistorial acolleu hoxe o acto de presentación do
evento, no que participou o edil de Cultura, Juan Constenla, acompañado por
representantes das librarías Faro e Durán.
Na súa intervención o responsable de Cultura avanzou a programación da
vixente edición do evento e animou á veciñanza “a sumarse a este homenaxe á
palabra literaria e aos nosos autores e autoras achegándose a un evento que
porá en valor un dos grandes bens culturais como o é a literatura”.
Ata un total de seis entidades integran os participantes da presente edición; as
librarías Marxe, Durán e Faro, a tenda de xoguetes, Pintaletras e as editoriais
Aira das Letras e Edicións Positivas.
A programación dará comezo o venres 21 coa apertura da feira ás 12.00 horas.
Ás 17.00 haberá unha actuación a cargo das escolas de Tequexetéldere, e
unha hora despois, ás 18.00 horas, terá lugar a apertura da carga dos
obradoiros e a o espectáculo Vira Vai, de Paco Nogueiras. A representación da
obra Un rei e outros animais, da compañía de títeres Estatalá, ás 19.00 horas,
e a obra As que Limpan, de Panadarís Teatro, ás 21.00 horas porán o punto
final á primeira xornada da mostra.
O sábado, a apertura da carpa dos obradoiros será ás 12.30 horas, mesma
hora na que terá lugar Little neno descobre os Rolling Stones. Xa pola tarde, ás
17.00 horas, os asistentes poderán gozar de Cacho Animalada, a cargo de
Vero Rilo. Ás 18.00 abrirá a carpa dos obradoiros e o espectáculo de narración
oral O Ladrón Azul, de Bandullo Azul e ás 18.30 a representación de O retrete
de Dorian Gray clausurará a presente edición da Feira das Letras.
Ademais, ao longo de todo o día as persoas asistentes poderán gozar da
exposición ‘Tecedeiras: arte e talento na sombra’, da Colección Manuel
Rodríguez Calviño.
Todas as actividades programadas ao longo dos dous días serán de balde, e as
300 primeiras compras da feira recibirán un litro de leite de produtores locais de
agasallo repartidos por Cruz Vermella da Estrada








































