O Teatro Principal acollerá ovindeiro 6 de xuño a X Festa das Palabras

 

O Concello da Estrada celebrará o vindeiro
martes, día 6 de xuño, a décima edición da Festa das Palabras, nun acto que
encherá o Teatro Principal de literatura.
A presentación do evento tivo lugar hoxe no Concello da Estrada, coa
presencia do edil de Cultura, Juan Constenla, e os representantes de
Dinamizastrada, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de
ensino estradenses.
“A Festa das Palabras alcanza a súa décima edición e iso só pode ser un
motivo de orgullo. Orgullo por levar unha década apostando por unha iniciativa
necesaria non só para fomentar a creatividade literaria da mocidade, senón
tamén para xerar nela as rutinas para que non perder a fala do galego”,
apuntou Constela.
“Non é unha iniciativa moi usual porque implica á sociedade no seu conxunto:
aos centros de ensino unidos nesta causa, ás familias e ás institucións. É unha
celebración integrada na vida dos centros educativos, pero que non queda
neles e sae fóra”, explicaron os representantes de Dinamizastrada.
A xornada, promovida polo Concello e Dinamizastrada, é a coroación ao
concurso literario desenvolvido ao longo de varios meses para favorecer o uso
do galego. No evento do teatro, levarase a cabo a entrega de premios aos 62
gañadores e gañadoras do X Concurso de Micropoemas e Microrrelatos. Os
autores tiveron que crear relatos coa palabra ‘camiño’ e poemas coa palabra
‘espello’. Ambos os dous termos aparecen nos títulos de obras de Francisco
Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste 2023.
Tras a participación de todo a alumnado de Educación Primaria e Secundaria,
no segundo trimestre deste curso académico escolléronse 62 gañadores, que
verán como os seus textos aparecen nun libro que lles será entregado o día da
X Festa das Palabras. Os premiados recibirán cadanseu exemplar, que inclúe
os 62 escritos, pero tamén 14 ilustración feitas por nenos e nenas de

 

Educación Infantil, unha portada deseñada por Rosa de Cabanas e un prólogo
da escritora Charo Golmar, madriña de esta edición.
Charo Golmar, lalinense e mestra, achegou a poesía aos máis cativos grazas
ás obras Nobelo de luz (2020) e No bico do vento (2020). Ademais da súa
presenza, o acto tamén contará coa actuación musical de Proxecto Valladares,
un trío formado en 2022 que xorde co obxectivo de estudar e difundir a música
a música dos irmán Valladares, que elaboraron o primeiro Cancioneiro Galego,
entre outras cuestións.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.