A Escola Municipal de Artes Escénicas celebrará esta vindeira fin de
semana o seu XX aniversario cunha exhibición conxunta de todos os seus
grupos (adultos, xuvenil, infantil e Teatro Danza), subindo a preto de
70 persoas ao escenario.
A peza, que leva por título A CABEZA DA DRAGONA é unha adaptación
distópica a partir da farsa de Valle Inclán La cabeza del dragón.Os
pases do espectáculo terán lugar o sábado ás 21.00h e o domingo ás
18.00h. A parte teatral está dirixida por Anabell Gago.
Da coreografía e movemento encargáronse os profesores Paula Quintas
Arturo Cobas e a parte musical está composta e dirixida por Jorge
Ortal e Iria Caamaño.Colabora coa montaxe o Taller de Teatro Clámide
de Vilagarcía e varios profesores do Conservatorio de Música de
Vilagarcía e do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso.
Durante o acto, a escola realizará unha lembranza de homenaxe á súa ex
alumna Lola Puente.As entradas, que teñen un custo de 3,00€, poderán
retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal, media hora
antes da función.
A ESTRADA | XX ANIVERSARIO Escola Municipal de Artes Escénicas
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































