O Concello da Estrada inicia hoxe os
preparativos para as festas patronais de San Paio coa instalación das atraccións .
No día de hoxe dou comezo a instalación das atraccións no
campo da feira. Polo tanto, coa finalidade de non interferir coa actividade
comercial, ao celebrarse a feira semanal en dita data, os traballos derón
comezo a partir das 17.00 horas dese mesmo día, e prolongaranse durante
toda a xornada do día seguinte, xoves 15 de xuño.
Ante esta situación, os mércores 21 e 28 de xuño a feira trasladarase ao
párking da rúa Iryda e á rúa Ponteareas.
Co propósito de ofrecer as maiores condicións de seguridade posibles, o
Concello contratou os servizos dunha empresa especializada para realizar
unha inspección técnica coa que garantir a correcta montura e funcionamento
das atraccións.
As atraccións darán servizo desde o día 17 ata o 22 en horario de 18.00 a
22.00 horas, durante as festas o horario prolongarase desde as 18.00 ata as
03.00 horas e o día do neno, 28 de xuño, estarán dispoñibles de 18.00 ata as
22.00.
Deste xeito, dase comezo aos preparativos dunhas festas nas que A Estrada
contará coas actuacións de agrupacións de referencia no panorama
internacional como Tanxugueiras e Carlos Baute, e con orquestras punteiras
como París de Noia ou Combo Dominicano, ademais dunha ampla variedade
de propostas culturais e deportivas para todos os públicos.







































