O Concello da Estrada acolleu esta mañá a presentación do cartel da 27 Subida A Estrada. Nela, o alcalde, José López Campos, xunto a representantes de Escudería Estradense desvelaron o cartel dunha das probas automobilísticas máis senlleiras da comarca, a cal se desputará na fin de semana do 5 e o 6 de agosto.
Durante a presentación tamén se confirmou que a presentación do rally será o vindeiro 22 de xullo no campo da festa de Paradela, nun evento que tamén incluirá un xantar.







































