O Concello mantén unha xuntanzacoa Asociación da Hostalaría paraexpoñerlle o Protocolo de Actuación ante agresións sexuais.

O encontro tivo lugar esta tarde no consistorio e estradense e nel, o
goberno local informou á hostalaría do Protocolo de Actuación ante
agresión sexuais nos espazos de ocio da Estrada.

A Concellería de Igualdade e o Centro de
Información ás Mulleres do Concello da Estrada reuníronse onte cos
hostaleiros e hostaleiras da vila para informarlles sobre o Protocolo de
Actuación ante agresión sexuais nos espazos de ocio da Estrada – AQUÍ NON
SOMOS CÓMPLICES.
Trátase dun protocolo que establece un marco de coñecemento e pautas de
acción comúns orientadas á primeira atención as vítimas de agresións sexuais
acontecidas en espazos de ocio (bares, restaurantes, pubs etc). Ademais,
permite sentar as bases para un rexeitamento social e unitario a este tipo de
violencias.
O contido do documento, aberto ás achegas realizadas pola hostalería,
permitirá unha maior coordinación e colaboración na vila, co fin de loitar contra
esta lacra.
Entre os compromisos adquiridos coa adhesión a este protocolo, os
establecementos colocarán uns carteis identificativos do protocolo co lema
“Aquí non somos cómplices” e con pautas de actuación ante un caso de
agresión sexual.
Con esta acción, o Concello da Estrada amosa o seu compromiso en prol da
igualdade e en contra de todas as formas de violencias machistas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.