A autorización administrativa previa por parte da Xunta de Galiza do parque eólico de Castro Valente supón un novo duro revés para o rural estradense e para o patrimonio do noso concello.
A Estrada vai estar rodeada de parques eólicos mentres o goberno municipal mira para outro lado, escondendo a cabeza para que as eléctricas fagan o seu negocio a conta de do medio ambiente e do patrimonio que quedará sepultado baixo as palas dos muíños de vento.
A autorización non é definitiva, polo que no vindeiro pleno do mes de xullo presentaremos unha moción urxente para rexeitar declarar A Estrada libre de muíños de ventos e instar ao goberno municipal a presentar un recurso de alzada perante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galiza.
Por outra parte, instaremos tamén ao goberno municipal presentar un recurso diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para frear tamén o parque eólico do Campos das Rosas.
Temos que frear a vaga eólica no noso concello
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































