O pavillón Manuel Coto Ferreiro será escenario o sábado, 29 de
xullo, e o domingo, día 30, da final da LNF Presas na que se darán
cita 250 equipos e 500 participantes.
Na competición repartiranse un total de 15.000 euros en premios.
O Concello da Estrada reafirmase como uns
dos núcleos neurálxicos do deporte autonómico e nacional coa acollida das
finais da LNF Presas esta fin de semana.
O pavillón Manuel Coto Ferreiro será o escenario escollido para levar a cabo a
resolución das diferentes competicións autonómicas. Un total de 500
participantes repartidos en 250 equipos participarán tanto o sábado como o
domingo coa mira posta en facerse co galardón de campións nacionais.
A competición desenvolverase a través de dúas modalidades; o sábado
disputarase ‘Movemento’ e o domingo ‘Parado’, e en ambas se incluirán as
categorías de élite, primeira, segunda e terceira.
Ambos os dous días a programación dará comezo ás 11:00 horas e a hora de
remate está prevista entre as 22:00 e as 23:00 horas, en función do
desenvolvemento da competición.
En total repartiranse un total de 15.000 euros en metálico, con premiacións
económicas para os 12 mellores equipos nas distintas modalidades e entrega
de trofeos para os 16 mellores combinados.
Desde o Concello da Estrada sinalan a súa satisfacción “por seguir
incrementando o catálogo de deportes e institucións que apostan pola nosa
infraestrutura deportiva para levar a cabo competicións tan sinaladas como
esta”.







































