A estas alturas do verán e o concello da Estrada ten aínda sen constituír as brigadas antiincendios

Dende o BNG da Estrada condenamos o feito de que as brigadas antiincendios estean aínda sen constituír a estas alturas do verán e coas temperaturas en claro ascenso, como está a ocorrer nestes días.


Por iso, instamos ao goberno municipal que axilice o trámite canto antes e tamén que poña en marcha melloras para a contratación das brigdas, pois este tipo de problemas xa non é a primeira vez que se dá no noso concello; cada verán que pasa as brigadas constitúense máis tarde.

Pero dende o noso grupo municipal imos máis aló e demandamos unhas condicións de traballo xustas e dignas, así coma os a melloras nos salarios para as brigadistas co gallo de que garantir traballos de calidade e evitar que, como está a suceder, sexa o concello da Estrada un dos que sempre teña problemas á hora de contratar estes profesionais.

Dende o BNG da Estrada propoñemos facer listas de contratación máis longas no tempo para manter un servizo de calidade na prevención dos incendios mediante vixilancia e rozados, o que tamén axudará a manter o noso rural limpo e máis seguro fronte ao lume, especialmente os núcleos de poboación preto de eucaliptais descoidados ou bosques de maleza que son combustible para os incendios nesta tempada estival.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.