As subvencións están dirixidas ao alumnado matriculado no segundo
ciclo de educación infantil, cun importe máximo de 100 euros por
alumno.
O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 9 de agosto, ata o 6 de
setembro, ambas datas incluídas.
Hoxe, martes, 8 de agosto saíron publicadas
no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases reguladoras da
convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización
para o curso 2023/2024.
Ditas subvencións, dirixidas a familias en situación de dificultades
socioeconómicas, contémplanse como unha prestación social no marco das
Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.
A finalidade da convocatoria de axudas de apoio á escolarización é establecer
un réxime compensatorio de carácter xeral destinado a colectivos con
carencias de carácter socioeconómico, para potenciar as condicións de
igualdade no acceso ao ensino financiado con fondos públicos, e ós seus
servizos, a todos os nenos e nenas empadroados no termo municipal do
Concello da Estrada, evitando deste xeito desigualdades derivadas da situación
económica e/ou social, e apoiando ás familias en situación de desvantaxe
social e con menor poder adquisitivo, así como promover a conciliación da vida
familiar e laboral, evitar situacións de risco, asegurar unha nutrición axeitada e
facilitar o rendemento escolar.
Polo tanto, a través destas axudas promóvese a adquisición de libros e material
escolar, estando dirixida ao alumnado matriculado no segundo ciclo de
educación infantil, podendo recibir ata un máximo de 100 euros por cada
alumno.
Tamén o servizo de comedor, dirixido ao segundo ciclo de educación infantil,
primaria e secundaria obrigatoria, esta subvención poderá ser como mínimo do
30% do gasto de comedor ata o 100% do gasto en base a circunstancias de
cada unidade familiar.
O prazo para a súa presentación estará aberto dende mañá, 9 de agosto, ata o
6 de setembro, ambos incluídos.
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de
A Estrada ou a través do Rexistro de Entrada do Concello en horario de
atención ao público, de 09:00 a 14:00 horas.







































