O período formativo dará comezo en outubro a través de catro grupos en
función das idades do alumnado.
A Escola Municipal de Artes Escénicas da
Estrada (EMAE) deu comezo ao período de inscricións para este vindeiro curso
2023 – 2024.
O centro, que recentemente celebrou o seu vixésimo aniversario nun acto que
reuniu a 550 persoas, ofertará para este curso catro grupos; infantil, a partir de
6 anos; xuvenil, a partir de 10 anos; adultos, para maiores de 18 anos e Grupo
Danza, a partir dos 40 anos.
Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán dirixirse ao departamento
de Cultura do Concello da Estrada ou ben chamar ao teléfono 986 573 601. As
prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición. As clases darán
comezo no mes de outubro e todo o novo alumnado disporá de dúas clases de
cortesía antes de formalizar a súa matrícula.
As persoas que precisen maior información poderán obtela na páxina web da
EMAE en www.emae.aestrada.gal







































