O BNG da Estrada congratúlase de ter conseguido, por presións da oposición ao longo de bastante tempo, que os plenos sexan retransmitidos finalmente a través de internet. Consideramos este feito un dereito democrático básico, que promoverá a participación cidadá na vida política e mostrará a realidade do traballo da oposición nacionalista de forma directa aos veciños e veciñas.
O BNG considera chave a transparencia é este feito será un revulsivo e amosará o traballo real a prol das veciñas de cada partido. Así, este xoves na comisión prevista, no BNG defenderemos a moción presentada a comezos de agosto para a retransmisión dos plenos e agarda que todos os partidos voten a favor, mesmo o PP, posto que anunciou unha proposta semellante poucos días despois de presentarmos a nosa proposta.
O BNG estradense considera esta unha mostra máis da importancia do traballo da oposición nacionalista á hora de conseguir melloras para o pobo.
O BNG da Estrada congratúlase de ter conseguido, por presións da oposición ao longo de bastante tempo, que os plenos sexan retransmitidos finalmente a través de internet.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































