A Estrada presenta a programaciónde escolas deportivas municipaismáis variada da súa historia

 Ofertaranse un total de 18 disciplinas con hípica, taekwondo e
esgrima como principais novidades.
 O período de inscrición abrirá este mércores, día 6 de setembro,
nos contactos de cada escola ou o primeiro día da actividade.

O Concello da Estrada, a través da área
de Deportes, presentou hoxe a súa programación de escolas deportivas
municipais, a cal inclúe a oferta máis diversa da súa historia.
Hípica, taekwondo e esgrima son as principais novidades dunha programación
na que tamén se inclúen modalidades como ciclismo, natación, ximnasia,
pádel, judo, kárate, patinaxe e hockey, xadrez, tenis, tenis de mesa, voleibol,
bádminton, baloncesto, skate e balonmán.
A través deste programa búscase mellorar e facilitar o desenvolvemento
deportivo das disciplinas ofertadas e a promoción do deporte entre a poboación
do Concello
As escolas deportivas municipais contaron o ano pasado coa participación de
máis de 800 alumnos e alumnas no curso pasado, sendo unha actividade
fundamental no tecido deportivo local.
O período de inscricións estará aberto dende este mércores, 6 de setembro, e
poderase tramitar nos contactos de cada escola ou o primeiro día da
actividade.
A cota xeral é de 36 euros trimestrais para alumnado de ata 19 anos e maiores
de 65, mentres que a tarifa para adultos será de 60 euros por cada trimestre
Ademais haberá bonificacións, non acumulables, do 50% para familias
numerosas e mono parentais, sempre que sexan acreditadas e tamén se
reducirá o 50% na incrición dunha segunda actividade para un mesmo alumno
ou alumna.
As persoas que precisen maior información sobre a oferta de actividades e a
inscrición poderán atopala na web municipal a través desta ligazón.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.