O compromiso do goberno local é licitar a adxudicación deste servizo
ao longo do último trimestre do ano.
O alcalde, José López Campos e a edil de Servizos Sociais, Amalia
Goldar, mantiveron esta mañá unha xuntanza coa empresa
adxudicataria deste servizo para analizar a situación actual logo das
informacións emitidas pola CIG.
Desde o goberno local leváronse a cabo reunións periódicas coa
empresa adxudicataria coa finalidade de comprobar a calidade do
servizo e atender as suxestións e demandas dos traballadores e
traballadoras.
O Concello da Estrada avanza os
diferentes trámites para garantir o Servizo de Axuda no Fogar durante o ano
2024.
Deste xeito, comprométese a que durante este último trimestre de ano saia a
licitación a concesión deste servizo para así determinar cal será a empresa
adxudicataria do mesmo.
Esta mesma mañá, o alcalde, José López Campos e a edil de Servizos Sociais,
Amalia Goldar, mantiveron unha reunión con representantes da empresa que
actualmente presta este servizo para analizar a situación actual logo das
informacións emitidas pola Confederación Intersindical Galega.
Desde o Concello sinalan o seu compromiso e firme apoio a un servizo que
catalogan de “esencial”, motivo polo cal se mantiveron reunións periódicas coa
empresa adxudicataria deste servizo para comprobar a calidade do mesmo e
para escoitar e atender as suxestións e demandas do equipo de traballo.
Unha das máximas do goberno local desde a implantación do SAF foi a
garantía tanto dos dereitos dos traballadores e traballadoras como da calidade
do servizo recibido polas persoas beneficiarias do mesmo, motivo polo cal se
aumentou a facturación coa finalidade de respectar en todo momento os
convenios.







































