Tequexetéldere pon en marcha de novo as clases de baile galego nos institutos

Tal e como fixeron o ano pasado, Tequexetéldere, o Concello e os tres seminarios de Educación Física dos Institutos de Ensino Secundario da Estrada levan a cabo un proxecto de introdución ao baile galego.

Imaxes da foliada de fin de curso do ano pasado na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada.

Proxecto talleres baile galego institutos A Estrada. 

1. Introducción.

Con este proxecto de baile tradicional galego o que se pretende non so é que os rapaces e rapazas, entre idades de trece a dezaseis anos, coñezan a cultura tradicional galega senón tamén a importancia que ten dentro da súa evolución tanto a nivel psicomotor como a nivel psicoevolutivo.

O enfoque que se pretende dar a este traballo e didáctico e pedagóxico.

2. Metodoloxía.

A metodoloxía que utilizaremos, e partir sempre dos coñecementos previos que ten o alumnado para que todo aquelo que se vai ensinando teña un sentido e unha comprensión por parte do alumnado.

Coa aprendizaxe do baile tradicional o que fomentamos no alumnado é:

–          Coñecemento corporal.

–          Equilibrio.

–          Lateralidade.

–          Segmentación corporal.

–          Coordinación e control postural

–          Automatización de movementos.

–          Coordinación oculo-espacial.

–          Espacio auditivo.

–          Creatividade.

Todo isto conseguirase a través dunha serie de pasos-estructuras ( un,dous, tres sen cruzar os pés, picados por diante e detrás, adiante-atrás……) que iremos traballando ao longo dos talleres.

O fin último é que o alumnado aprenda a crear os seus propios puntos e entenda o que está a facer co seu corpo.

Temos que partir da base que o baile tradicional galego é un baile que se baila en parella e en grupo polo tanto tamén se vai traballar o compañerismo, o respecto, a solidariedade, a convivencia… digamos que van ter que estar perfectamente compenetrados para poder facer os bailes e que uns dependen de outros para levalos a cabo.

2. Obxectivos a traballar

     –    Coñecer o seu propio corpo.

–       Escoitar o ritmo.

–       Afianzar e traballar o equilibrio, automatización de movementos, creatividade.

–       Traballar a lateralidade, equilibrio, control e coordinación corporal e oculo-espacial, espacio auditivo.

–       Aprender a manexar os movementos dos pes.

–       Comprender os movementos que se realizan.

–    Coñecer e investigar sobre a cultura popular galega

3. Contidos.

– Aprendemos un, dous, tres, sen cruzar e cruzado.( picado por diante e por detrás)

– Aprendemos salto, abaixo, arriba sen cruzar e cruzado por diante e atrás (adiante-atrás)

– Facemos os movementos cos brazos arriba.

– Bailamos en grupo.

– Aprendemos as diferentes estructuras dos bailes (fila, roda, fila movida nos espacio, peche de rodas, apertura de rodas)

– Creamos os nosos propios puntos, e baile.

– Coñecemos a cultura popular galega.

4. Temporalización.

As sesións constarán aproximadamente dunha hora, que se desnvolverán ao longo de dous meses.

5. Avaliación.

Levaráse a cabo a través da observación e pretenderase que o alumnado explique os movementos que vai aprendendo.

Redacción: Tequexetéldere

Fotografía e gravación: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta