A consignación de 5.000 euros no PGE 2014 supoñen para A Estrada outra labazada do PP. Dende que chegaron ao Goberno a Variante da N-640 ao seu paso pola vila caeu no esquecemento.
Esto ven a demostrar unha vez máis que o PP minte reiteredamente. Todos lembramos á hoxe ministra de Fomento Ana Pastor acompañando na Estrada ao actual alcalde López Campos e exixindo ao anterior Goberno do Estado maior celeridade na execución deste proxecto, calificándoa de débeda histórica cos veciños da Estrada e comprometéndose a traballar para a súa consecución. Pois ben, dende que a Sra. Pastor é a ministra responsable de infraestruturas non se ten movido un só euro para avanzar cara a execución da Variante.
En 2010, o goberno socialista realizou o levantamento de actas previas de ocupación dos terreos afectados, sendo o seguinte paso necesario a ocupación dos mesmos, pero coa chegada do PP ao Goberno o único que se ten faito é ‘nada’, claro que para facer ‘nada’ ata os ridículos 5.000 euros consignados nos orzamentos son cartos – ironizou Louzao-. Esto debe ser o que pensa o Sr. alcalde López Campos e os seus concelleiros, posto que
resulta increíble que se manteñan serviles e sumisos ao PP con tal de seguir aparecendo nas fotos, inda sen importarlle pisotear para elo as necesidades dos veciños e veciñas da Estrada.
Resulta vergonzoso e unha bulra que ano tras ano os orzamentos do Estado feitos polo PP ignoren as demandas estradenses. Sendo máis vergonzoso, se cabe, que o Sr. López Campos agora non exixa, coa vehemencia que o facía dende a oposición, a celeridade que pedía entón para a materialización da Variante, sen acordarnos de outros proxectos que se pedían entón. Parece que a amizade e proximidade á Ministra da que presumía o Sr. López Campos só vale para saír na foto en campaña electoral, no para xestionar proxectos para A Estrada, ou será que á Ministra só lle interesaba A Estrada para obter un sillón máis no cómputo das Alcadías do PP?.
Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada
Fotografía: Iria Eiras






































