Día Internacional das Mulleres Rurais en A Estrada

O pazo de Xerlís do Concello da Estrada acolleu , sábado 14 de outubro, a terceira edición de Alma Rural, unha xornada organizada pola Xunta de Galicia na véspera do Día Internacional das Mulleres Rurais para poñer en valor a contribución do colectivo feminino ao desenvolvemento do agro galego. Ao acto asistiu o alcalde da Estrada, José López, e outros membros da corporación municipal.


Programa
O programa desta actividade inclúe relatorios e mesas redondas con participación de representantes da administración pública e da sociedade civil. Así, a xornada abriu cun relatorio sobre “mulleres que inspiran”, a cargo de Laura Vallejo. A continuación, tivo lugar unha mesa redonda co título “Desafíos das políticas integrais para a igualdade de xénero”, na que interviron Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude; Raquel Touriño, presidenta da Federación Pola Igualdade da Provincia de Pontevedra (Femupo); Marina Magan, directora corporativa de administración e membro do consello de administración de Exlabesa e Kim Llobet, presidenta da Asociación Mulleres que poden.

A seguir, un novo relatorio de “mulleres que inspiran”, con Noelia Míguez, a sesión vermú e unha nova mesa redonda arredor de “a figura da muller no desenvolvemento rural”. Nela participaron Inés Santé, directora xeral de Desenvolvemento Rural; Milagros González, presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón; Raquel Vázquez, emprendedora da Fundación Roberto Rivas; Manuel Fernández, empresario en servizos de substitución gandeira e Ramiro Ruibal, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Norte.

Posteriormente houbo un terceiro relatorio dentro do apartado “mulleres que inspiran”, esta vez coa presenza de Lucía Casal. Despois, tras o peche institucional, tivo lugar unha actuación musical e un petisco galego, coa degustación de produtos de calidade da nosa comunidade.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.