O Concello da Estrada contará co apoioda Deputación na financiación do novomódulo cuberto multideporte

 

O Concello da Estrada levará á sesión de
pleno extraordinaria convocada para o vindeiro xoves, 19 de outubro, a
aprobación do convenio coa Deputación de Pontevedra para a financiación do
novo módulo cuberto multideporte, coa cal aumentará a infraestrutura deportiva
municipal.
Deste xeito, o ente provincial aportará un millón de euros logo da modificación
das bases do plan Reacción Pontevedra Provincia (Reacpon), permitindo así que
dous entes supramunicipais, Xunta e Deputación, poidan colaborar
conxuntamente na financiación do proxecto.
Deste xeito, a colaboración provincial súmase á do goberno autonómico logo da
aprobación dun convenio o pasado mes de abril co que a Vicepresidencia
Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes se comprometeu a
achegar 1.028.588,72 euros.
A nova instalación será edificada anexa á pista de atletismo, unha zona na que
o Concello da Estrada dispón de varias infraestruturas deportivas e que agora
sumará un novo espazo destinado a mellorar a xa ampla oferta deportiva
municipal.
A execución do novo centro deportivo contempla unha pista de 60 metros
cuberta, vestiarios, ximnasio municipal e tatamis para a práctica de artes

 

marciais, disciplinas que na actualidade superan os 200 deportistas federados e
son un referente en Galicia.
A previsión do goberno local é que o módulo multideportivo poida ser licitado ao
longo deste último trimestre de ano para que os traballos dean comezo nos
primeiros compases do seguinte ano.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.