O goberno local levará á xunta de goberno programada para o
vindeiro luns o comezo do proceso para a contratación da
redacción do proxecto.
O orzamento base de licitación do contrato será de 36.300 euros e
terá unha duración de 3 meses desde a data de formalización do
mesmo.
O Concello da Estrada avanza na
redacción do proxecto da peonización da Praza da Farola. O goberno local
levará á xunta de goberno programada para o vindeiro luns o comezo do
proceso para a contratación da redacción do proxecto.
A actuación, enmarcada nas liñas de actuación incluídas na Axenda Urbana da
Estrada 2030, afectará á Praza de Galicia, polo que resolverá o entronque coas
rúas adxacentes; Rúa 56; Rúa San Paio ata Marqués de la Vega de Armijo,
Rúa Don Nicolás, Rúa Calvo Sotelo, Rúa Serafín Pazo, Rúa Pérez Viondi e
Rúa Peregrina, así como a conexión cos sectores de Solo Urbano Non
Consolidado SUNC-R01 (Av. América) e SUNCR02 (R. Forcarei), que se
atopan en vía de desenvolvemento ao abeiro do Plan Xeral de Ordenación
Municipal da Estrada.
A actuación consistirá na recuperación para o peón do espazo que neste
momento está adicado ao tráfico rodado, cunha solución que permita manter,
nesta fase, a circulación entre as Rúas Pérez Viondi, Peregrina, 56, San Paio e
Marqués de la Vega de Armijo.
O deseño prestará especial atención ó uso da praza e ás necesidades das
persoas con diversidade funcional ou sensorial, favorecendo a accesibilidade
universal, estando o deseño supeditado ao respecto das liñas de actuación
marcadas na Axenda Urbana A Estrada 2030.
O proxecto de peonización da Praza de Galicia enmárcase dentro dos
obxectivos específicos marcados na Axenda Urbana da Estrada 2030,
concretamente do punto de mellora da calidade e da accesibilidade universal
dos espazos públicos, e tamén se inclúe na proposta 3.6 do Programa de
Humanización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible.
O orzamento base de licitación do contrato será de 36.300 euros e terá unha
duración de 3 meses desde a data de formalización do mesmo.







































