O MUSA volverá alumear un ano máis oSamaín de Sabucedo con música egastronomía típica do outono

 A oitava edición da celebración incluirá numerosas actividades
como unha andaina, obradoiros, charlas ou a tradicional procesión
da fin de semana.

A oitava edición do MUSA regresa a
Sabucedo o vindeiro 28 de outubro cunha programación repleta de propostas
para todas as idades.
O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, acompañado por Manolo Cabada,
organizador do evento, presentaron os pormenores dunha xornada que
arrincará desde as 09:45 horas cunha andaina polos recunchos máis
sobranceiros de Sabucedo.
Ao redor das 12:00 horas inaugurarase un mercado de produtos de
proximidade, e tamén se fará un concurso infantil ‘Coñece o teu pobo’, e sobre
as 12:45 faranse obradoiros de pan e filloas.
Haberá charlas sobre a Terra de Montes e a súa música con Rubén Troitiño e
acto seguido haberá unha actuación musical por conta dos Airiños de Caldelas.
O xantar será a base de produtos típicos da zona, sendo os primeiros caldo ou
callos e os segundos churrasco de porco landrán ou tenreira, acompañado de
filloas, bicas e queixo con viño e café por un prezo de 20 euros. Recoméndase
facer reserva en caso de querer acudir.
Pola tarde haberá unha charla de microtoponímia de Sabucedo por conta da
mestra Clara Iglesias e proxectarase a curta ‘As Bestas’, da recentemente
galardoada coa Cuncha de Ouro, Jaione Camborda.
Tamén haberá un obradoiro de Samaín onde se prepararán os calacús, as
candeas e a maquillaxe. Ao longo da tarde daráselle continuación aos
obradoiros de pan e filloas e entregaranse os premios aos nenos e nenas
gañadores do certame ‘Coñece o teu pobo’.
Tamén se fará un showcooking e degustación ‘Do Muíño á mesa: os segredos
dunha boa masa’, coa presenza do panadeiro Dani Pampín, considerado o
mellor panadeiro artesanal de España no 2018. Farase tamén unha cata de
maridaxes de albariño feito con uvas estradenses, a cargo do enólogo Carlos
Blanco.

Ás 20:00 horas comezará a procesión da Santa Compaña, engalanándose o
pobo para que as persoas asistentes o transiten disfrazadas con sabas e
candís. Pola súa parte, no Curro vello leranse os responsos dedicados aos
mortos en vida e farase unha queimada e posterior magosto.
Finalmente Cándido Pazó realizará un monólogo titulado ‘Aqueles velorios’ e a
continuación haberá música por conta de Somozas Trío e demais agrupacións.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.