A Estrada programa un ciclo de cincoactividades para conmemorar o 25N

 A iniciativa, promovida pola concellería de Cultura xunto co CIM,
constará de diversas propostas sobre a igualdade e a figura da muller na
sociedade.
 As entradas para os eventos poderanse retirar no departamento de
Cultura do Concello.

O Concello da Estrada, a través da área
de Cultura en colaboración co Centro de Información á Muller, porá en marcha
un ciclo para conmemorar o Día Internacional da Violencia de Xénero, o día 25
de novembro.
En total serán cinco os eventos programados no Teatro Principal, que contarán
cun prezo reducido de 3,00€ e cunha oferta de convites dirixida a todas as
asociacións de mulleres do Concello da Estrada.
Os espectáculos que integran a programación serán os seguintes:

Venres 3 – Great Greta (Cía Greta Marí): The Great Gret é un espectáculo
multidisciplinar que combina danza, humor e circo para levar á escena unha
oda á xente rara, que sae dos estereotipos…

Venres 10 – Sta Inés (Compañía La Feroz): Un espectáculo musicado por De
Vacas acerca da liberdade, a obediencia, a violencia, o inefable e sobre o que
un mundo de lobos espera da muller.

Venres 17 – As alumnas (Culturactiva Producións): Trata sobre a figura da
pedagoga María Barbeito e sobre como o franquismo significou un retroceso
para a educación de moitas mulleres.

Xoves 23 – Parladoiro con Yolanda Castaño: A recentemente galardoada co
premio Nacional de Poesía fará un repaso da súa traxectoria recitando algúns
dos seus mellores poemas.

Venres 24 – Brokeback Sabucedo (Sal do Teatro): Un espectáculo de
temática LGTBIQ+ enmarcado no ámbito rural de Galicia, concretamente na
celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo.

As entradas para os distintos eventos poderanse retirar no departamento de
Cultura do Concello da Estrada.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.