Unha granxa da Estrada perdeu 200 porcos por mor dunincendio

O suceso aconteceu nunha das instalacións de Explotaciones Porcinas Tato S.L.,
onde as lapas causaron a morte dos animais O custo das perdas oscila entre os
180.000 e os 200.000 euros

Un total de 200 porcos faleceron onte nun incendio rexistrado nunha das cinco granxas de
Explotaciones Porcinas Tato S.L. si tuadas na parroquia de Callobre (A Estrada).
Segundo informaron desde o 112 Galicia, pouco antes das 10.00 horas activouse a alerta
cando o 061 avisaba de que se dirixía a esta granxa, aínda que finalmente ninguén precisou
asistencia médica. No operativo tamén interviron os membros do GES da Estrada e os
Bombeiros do Deza para facer frente ao lume, que a maiores da morte porcina, causou
danos no tellado da nave e na instalación eléctrica. Ademais dos axentes da Guardia Civil,
acudiu unha patrulla da Policía Local, que situou a orixe das lapas nunha nave colindante.
Segundo o dono de Explotaciones Porcinas Tato S.L, José Rafael Tato, a causa está nuns
traballos de soldadura que se estaban a facer e «todo su cedeu dunha forma moi rápida. En
10 minutos».
A granxa afectada contaba con máis de 200 porcas preñadas de selección xenética, polo
que o incendio supuxo a perda da maioría delas preto dun 85%, e os supervivintes
quedaron en moi mal estado, polo que teranse que sacrificar e mesmo «algúns foron
morrendo ao longo do día debido as feridas», afirmou José Tato.
A pesares da importante perda, o dono de Explotaciones Porcinas Tato S.L. asegura que
puido ser peor, xa que só se viu afectada unha das cinco granxas. Todas elas suman un
total de 3.000 animais, «entre leitóns e porcos».
BALANCE. O impacto económico das instalacións afectadas, das que se salvan a
estructura do tellado, fiestras e pouco máis, era onte imposible de calcular para José Tato,
pero as perdas que supoñen os animais mortos estima que oscilarán entre os 180.000 e os
200.000 euros. Nos vindeiros días, a empresa valorará o total da cuantía que deberá
afrontar.
Tato recibiu onte o apoio dos compañeiros doutras granxas da zona e tamén de asociacións
gandeiras. A súa explotación leva máis de 45 anos no sector adicada a cría da produción de
carne de porco, polo que é moi coñecida na comarca do Deza.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.