OConcello aboga pola prudencia nos próximos procedementos logo da suspensión cautelar do parque eólico Campo das Rosas

O Concello da Estrada cursara un recurso conxuntamente con Cerdedo – Cotobade e Campo Lameiro, localidades en cuxo termo municipal se instalaría oparque eólico.
AEstrada, 29 de novembro de 2023 – OConcelo da Estrada solicita prudencia e sensibilidade logo da suspensión cautelar da execución do acordo através do cal o goberno autonómico concedia a Naturgy Renovables SLU a autorización administrativa previa e de construción do parque eólico Campo das Rosas, confirmada durante o día de onte por parte do Tribunal Supremo de Xustiza de Galicia.
O futuro parque eólico afectaría aos termos municipais dos Concellos da Estrada, Cerdedo – Cotobade e Campo Lameiro, localidades que cursaron de forma conxunta un recurso en contra da súa edificación.
Desde o goberno local valoran esta medida adoptada polo TSXG xa que construción deste espazo enerxético afectaría ao hábitat principal das eguas e cabalos que concorren na Rapa da Bestas, Festa de Interese Turístico
Internacional e un dos eventos máis arraigados na cultura estradense. Sinalan que esta medida «supón un reforzo á defensa do noso medio natural e do noso patrimonio» e agardan que a través desta suspensión «os organismos competentes poidan traballar con maior cautela e adoptar as medidas que permitan asegurar mellor a preservación da contorna e de todos os elementos que a integran».

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.