O alcalde, José López Campos, e a xefa territorial da Consellería de
Infraestruturas en Mobilidade, María Martínez, mantiveron esta
mañá unha reunión de traballo para tratar a temática da conexión
entre A Estrada e os hospitais de Conxo e o Clínico de Santiago.
O sistema contempla saídas desde A Estrada cara a estación
intermodal ás 06:40, 13:45 e 20:50 horas e o percorrido inverso ás
08:15, 15:15 e 22:15 horas.
Tamén se analizou a creación dun sistema de lanzadeiras que
conecte os hospitais coa estación intermodal.
O alcalde da Estrada, José López
Campos, e a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade,
María Martínez, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo para analizar a
conexión do municipio cos centros hospitalarios de Conxo e o Clínico
Universitario, en Santiago de Compostela.
Na xuntanza contemplouse a creación dun sistema que conecte A Estrada coa
estación intermodal da capital galega, con saídas desde o municipio
estradense ás 06:40, 13:45 e 20:50 horas e desde Santiago ás 08:15, 15:15 e
ás 22.15 horas.
Ademais coa finalidade de mellorar a mobilidade dos usuarios que fagan
emprego deste servizo tamén se proxecta a creación dun sistema de
lanzadeiras que conecte a estación intermodal cos centros hospitalarios.
Debido á integración na área do transporte metropolitano, os usuarios que
fagan emprego do transporte só deberían de pagar unha viaxe, incluíndose
deste xeito tanto o desprazamento a Santiago como o bus lanzadeira.
Deste xeito avanzase na resposta a unha demanda veciñal ofrecendo un
método de transporte que favoreza tanto ao persoal sanitario residente no
Concello, coincidindo as liñas cos horarios de entrada e saída laborais, como
aos veciños e veciñas que necesiten desprazarse aos centros sanitarios por
motivos de saúde ou para acompañar a algunha persoa ingresada nos
mesmos.







































