‘El Búho’ fará unha parada na Estradaeste venres para presentar os temas do seu novo disco.

 O edil de Cultura, Juan Constenla, e o membro da agrupación
Héctor Martínez presentaron esta mañá no consistorio o concerto
que terá lugar este venres no Teatro Principal.

O Concello da Estrada aposta polo
talento local como dinamizador da actividade cultural este Nadal co concerto de
‘El Búho’, que encherá de ritmo o Teatro Principal a partir das 21:00 horas
deste venres, 15 de decembro.
O edil de Cultura, Juan Constenla, foi o responsable de presentar xunto co
cantante e teclista estradense, Héctor Martínez, o concerto co que a
agrupación fará unha parada na Estrada dentro da xira de presentación do seu
primeiro disco, gravado polo produtor Juan de Dios Martin en Los Ángeles, nos
Estados Unidos, e masterizado por Felipe Tichauer, quen traballou con
anterioridade con artistas como Luis Fonsi ou Christina Aguilera.
Deste xeito, a veciñanza da Estrada poderá gozar dunha das bandas
emerxentes máis importantes do panorama musical galego, sendo ademais
unha agrupación con arraigo e identidade estradense, debido a que dous dos
seus actuais integrantes son orixinarios da localidade.
As persoas que desexen acudir ao concerto poderán retirar as súas entradas
por un prezo de 3 euros nas dependencias do departamento de Cultura.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.