A Estrada e a Federación Galega dePádel asinan un convenio parapromocionar este deporte na localidade

 O alcalde, José López, e o presidente da FGP, Manuel Fernández
Prado, formalizaron o convenio a través do cal se facilitará o
desenvolvemento deportivo e a promoción desta disciplina na
Estrada.
 Segundo este acordo A Estrada acollerá de xeito anual, como
mínimo, unha Fase Final autonómica de calquera categoría
federada.

O Concello da Estrada e a Federación
Galega de Pádel asinaron hoxe un convenio individual a través do cal se
mellorará o e facilitará o desenvolvemento deportivo e se buscará incentivar a
práctica desta modalidade deportiva no municipio.
O rexedor, José López, e o presidente da Federación Galega de Pádel, Manuel
Fernández Prado, selaron o acordo co que se promocionará unha modalidade
deportiva en auxe que cada vez suma máis adeptos.
Deste xeito, e conforme ao asinado, o Concello da Estrada, durante a duración
do convenio, cederá o uso das instalacións necesarias, de xeito gratuíto, para
os eventos e actividades que a Federación organice na localidade, dentro do
programa de tecnificación de xogadores, árbitros, oficiais de mesa e persoal
federativo.
Pola súa parte, a Federación organizará na Estrada de xeito anual, como
mínimo, unha Fase Final autonómica de calquera categoría federada, ou un
encontro promocional cumprindo con protocolos vixentes. Ademais, tamén
colaborará naqueles actos ou eventos de promoción deportiva orientados aos
clubs locais ou as Escolas Deportivas Municipais, programados pola área de
Deportes, e aportará material común para as Escolas Deportivas Municipais
por acordo de ambas partes.
Na actualidade, o Concello da Estrada xa ten asinados convenios coas
federacións autonómicas de Bádminton, Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Rugby
e Voleibol, e en base aos mesmos, esta pasada semana, estiveron traballando
nas instalacións municipais, as federacións autonómicas de baloncesto,
balonmán e rugby, con ao redor de 200 deportistas.
O alcalde, José López Campos, celebrou a sinatura dun convenio “que nos
reafirma como unha das capitais do deporte galego” e sinalou a importancia da

sinerxia coas distintas federacións para potenciar e promover as distintas
modalidades no Concello, facendo emprego “da ampla variedade de
infraestruturas que moi cedo se complementarán co novo módulo cuberto
multideportivo”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.