A Estrada acollerá a concentración daselección española de voleibol sub-17como antesala dos vindeiros compromisosinternacionais

 Os combinados masculinos e femininos aloxaranse nas
instalacións da AGASP e realizarán as sesións de adestramento no
pavillón Manuel Coto Ferreiro.
 Haberá encontros contra Portugal os días 20, 21 e 22 e contra
Francia o día 28, todos eles de balde.
 Entre todos os conxuntos que tomarán parte estímase que A
Estrada acolla ao redor de 100 deportistas.

O Concello da Estrada reafirma a súa
posición como referente deportivo autonómico coa acollida das concentracións
dos combinados nacionais sub-17, tanto masculino como feminino, de voleibol.
O alcalde, José López Campos, e o director técnico da Federación Galega de
Voleibol e técnico da Selección Española Sub-17 feminina, Juan Carlos
Suárez, foron os responsables de presentar esta mañá a concentración que
ambos conxuntos realizarán na Estrada.
A selección masculina Sub-17 reunirase do 17 ao 23 de decembro para un
período de concentración no municipio estradense, sumándose o combinado
de Portugal, co cal se enfrontarán en amigables programado para os días 20 e
21 ás 18:00 horas e o 22, ás 10:30 horas, todos eles no Manuel Coto Ferreiro.
Mentres tanto, a selección feminina Sub-17 concentrarase do 23 de decembro
ata o 2 de xaneiro, e disputará un encontro contra a selección de Francia o
xoves 28 de decembro ás 18:00 horas no pavillón Manuel Coto Ferreiro. Esta
concentración servirá de preparación para o Torneo WEVZA da súa categoría
que terá lugar do 2 ao 8 de xaneiro en Herentals, Bélxica, previo o Campionato
de Europa da categoría.
Durante este período, os xogadores e xogadoras integrantes da expedición
aloxaranse nas instalacións de AGASP e realizarán as súas sesións de
adestramento no pavillón Manuel Coto Ferreiro, en baseo convenio do Concello
da Estrada coas federacións deportivas.
A entrada para todos os encontros programados será libre e gratuíta,
buscándose con esta medida, promover a participación e o apoio da veciñanza,

achegándolle a todas as persoas que desexen acudir deporte base de elite
cunha nutrida participación de deportistas galegos.

López Campos indicou que “acoller eventos desta índole é posible grazas ao
número de convenios que desde o Concello da Estrada asinamos coas
distintas Federacións, acordos que nos permiten organizar estes eventos e
consolidarnos como unha referencia deportiva en Galicia”. Durante a súa
intervención tamén destacou a colaboración do goberno autonómico “non me
esquezo da colaboración da Xunta de Galicia, facilitando as fantásticas
instalacións da AGASP para que os deportistas poidan dispoñer das mellores
condicións na súa estadía”.
Finalmente fixo un convite á veciñanza para asistir aos encontros que se
disputen durante esta concentración na Estrada, e agradeceu “o compromiso e
a implicación da Federación Galega de Voleibol para que os combinados
nacionais poidan realizar a súa preparación na Estrada”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.