A cita literaria corou ao noiés Manuel López Rodríguez como
vencedor do XXVII premio de poesía Avelina Valladares.
Escolares de diversos centros de ensino estradenses levaron a
cabo o recitado de obras poéticas.
O Teatro Principal acolleu onte a
celebración da XVII Festa da Poesía, nun acto que incluíu tanto a entrega do
XXVII premio de poesía Avelina Valladares como un recital poético por conta
de estudantes de diferentes centros de ensinanza.
O escritor noiés, Manuel López Rodríguez recibiu de man do edil de Cultura,
Juan Constenla, o que é xa o seu terceiro galardón consecutivo neste certame.
O seu poemario ‘Fíotaxidermista’ foi seleccionada como a gañadora da
presente edición grazas ao seu “realismo cromático, clasicismo do íntimo e
cotiá e o hopperismo”.
O alumnado de diferentes centros de ensino enriqueceu o acto recitando obras
poéticas dalgúns dos autores e autoras máis sobranceiras deste xénero
literario.
A cita segue consolidándose como un dos eventos literarios máis sinalados no
municipio, sumando en cada edición un maior número de asistentes e
participantes.







































