A mocidade estradense fará chegar as súaspropostas a representantes dos grupos políticos locais

 A xornada, enmarcada na iniciativa ‘Encontro Mozo’, celebrarase
mañá na casa consistorial ás 17:30 horas, dándolle así
continuidade á reunión mantida durante o pasado mes de
novembro.

O Concello da Estrada programa para
mañá, xoves 21 de decembro, unha xornada na que a mocidade local
participante na iniciativa ‘Encontro Mozo’ manterá unha reunión con
representantes dos diferentes grupos políticos municipais para avanzar nas
diferentes propostas de mellora emitidas.
Durante o pasado mes de novembro xa se levara a cabo unha reunión entre
representantes de Arousa Moza, entidade promotora, e a mocidade
estradense, e previamente, os edís Amalia Goldar e Alberto Blanco tiveron
unha primeira toma de contacto con estes.
A xornada manterá a dinámica dun pleno, e nela os participantes debaterán
sobre as diferentes medidas contempladas, exporán dúbidas e tratarán de
darlle respostas ás mesmas. A continuación, o seguinte procedemento na
iniciativa consistirá na avaliación destas propostas por parte dos
representantes políticos participantes e nunha posterior reunión para
trasladarlle á mocidade as valoracións.
A concelleira de Servizos Sociais sinala que “estas iniciativas permiten achegar
as institucións á mocidade, escoitando as súas demandas e dándolles un oco a
que poidan expresar con voz propias a súas inquedanzas”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.