Pé de Foto: 500 persoas asisten ao Encontro de Nadal do PP da Estrada

O PP da Estrada vén de celebrar, no Restaurante Samaná da vila, o seu tradicional Encontro de Nadal, que contou coa presenza do alcalde, José López; o presidente provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López; a secretaria xeral do PP provincial, Luisa Piñeiro; o secretario xeral de Política Lingüística e coordinador do programa electoral do PP para as Eleccións Autonómicas, Valentín García; e uns 500 militantes, simpatizantes e colaboradores do partido.

 
Con este evento na Estrada, púxose fin aos 23 encontros locais e comarcais de Nadal celebrados polas agrupacións do PP na provincia de Pontevedra ao longo do último mes, que reuniron, en conxunto a unhas 10.000 persoas.
Na quenda de intervencións, o alcalde José López agradeceu o traballo de todos os que forman o partido para alcanzar, o pasado mes de maio, unha ampla maioría absoluta para revalidar o goberno local, mentres que Luis López chamou aos militantes populares a traballar arreo os vindeiros 57 días ata as Eleccións Autonómicas do 18 de febreiro, xa que considerou «fundamental» para A Estrada que Alfonso Rueda revalide a presidencia da Xunta de Galicia para non poñer en risco a autovía a Santiago, actualmente na fase inicial das obras, ante as «dúbidas e os posibles intentos de paralización manifestados por algúns dos partidos que conformarían un hipotético cuatripartito».
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.