Unhas 50 familias estradenses atoparon nosCampamentos de Nadal unha alternativa deconciliación

 A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, desprazouse ata
os espazos nos que se desenvolven esta iniciativa.

A edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar
desprazouse hoxe ata as instalacións de SOEI Educación e do espazo Concilia
para visitar aos nenos e nenas participantes nos campamentos de Nadal
postos en marcha desde o departamento que dirixe.
A iniciativa promoveu a conciliación entre cincuenta familias da localidade ao
longo destas datas de vacacións para os escolares. Nela os nenos e nenas
participantes puideron gozar de actividades de diversa índole como xogos e
mesmo clases de esgrima, as cales foron posibles grazas á colaboración das
escolas deportivas municipais, gozando cunha gran aceptación.
Durante o desenvolvemento destas sesións non se rexistraron ningún tipo de
incidencias e as familias valoraron positivamente esta iniciativa. A concelleira,
Amalia Goldar, sinalou a súa satisfacción pola promoción “dun servizo
fundamental para poder facilitar a conciliación nestas datas, ofrecéndolle aos
máis pequenos e pequenas unha alternativa de lecer”. Do mesmo xeito, Goldar
agradeceu “o inestimable traballo levado a cabo polos e polas profesionais
encargados do coidado da mocidade participante”.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.