O Plan +Provincia da Deputación destina este ano máis de7,6 millóns de euros aos concellos das comarcas de Deza e Terra de Montes

Son preto dun millón de euros máis que os recursos destinados pola institución
provincial ás comarcas no 2023
O presidente Luis López remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas detallando os
recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan cuxas bases
publicáronse este mércores 3 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia

Os concellos de Agolada, Dozón, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro,
Silleda e Vila de Cruces recibirán este ano máis de 7,6 millóns de euros a través do Plan +Provincia da
Deputación, o que supón preto dun millón de euros máis que os recursos destinados pola institución
provincial a estes concellos o pasado ano, cando recibiron 6,6 millóns de euros. O presidente Luis López
remitiu este mércores 3 de xaneiro unha carta aos alcaldes e alcaldesas tanto destes como dos restantes
concellos de menos de 50.000 habitantes que se benefician do +Provincia detallando os recursos que lles
corresponden e as principais novidades do plan, cuxa convocatoria publicouse tamén este mesmo
mércores no Boletín Oficial da Provincia logo de ser aprobado no último pleno do 2023. A partir de agora,
os concellos terán tres meses para presentar solicitudes.
O plan, elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e
atención aos retos comúns de futuro, pretende, tal e como remarcou o presidente na carta remitida aos
concellos, “avanzar conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita
desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”. Con este obxectivo, neste 2024 o plan de obras e
servizos da Deputación incrementou a súa dotación en 4,2 millóns de euros, ata alcanzar os 48,2 millóns de
euros, que se distribuirán entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de
catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda,
con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do
emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados
coa mobilidade.
No caso das comarcas de Deza e Terra de Montes, os 7.622.660 euros que recibirán os seus concellos
permitirán destinar ata 5,4 millóns de euros a novos investimentos, 632.681 euros a gasto corrente, 1,5
millóns de euros a fomentar o emprego e 190.567 euros a proxectos transformadores relacionados coa
mobilidade. Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito
entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña
2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos
establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se

incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a
perda de poboación nos últimos dez anos.
En concreto, Agolada recibirá 639.503 euros, 96.552 máis que o pasado ano; Dozón 477.268 euros, 91.406
máis que no 2023; A Estrada 1.770.099 euros, 210.357 máis que no ano que acaba de rematar; Forcarei
679.831 euros, 92.839 euros máis; Lalín 1.764.085 euros, 235.706 euros máis que con respecto ao ano
pasado; Rodeiro 638.090 euros, 91.686 máis que no 2023; Silleda 889.348 euros, 45.780 euros máis e Vila
de Cruces 764.438 euros, 71.152 máis que ano que acaba de rematar.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.