● A décima edición do Festival ‘Panic’ pretende achegar aos
rapaces e rapazas dos institutos estradenses a actividades
culturais e ao ocio saudable.
● O filme ‘Terrifier 2’ comezará ás 22:30 horas e terá entrada de
balde ata completar aforo.
O Festival de Cinema de Terror ‘Panic’
continúa esta fin de semana nos Minicines Central co filme ‘Terrifier 2’, unha
actividade dirixida principalmente aos rapaces e rapazas dos IES estradenses.
O venres, 26 de xaneiro, desde as 22:30 ata as 0:45 horas nos Minicines Central,
continuará a programación da X edición do Festival de Cine de Terror ‘Panic’,
organizado polo Concello da Estrada. O filme ofertado para esta fin de semana é
Terrifier 2 (Damien Leone, 2023) secuela do filme homónimo, Terrifier, e relata o
regreso do paiaso “Art”.
As entradas para asistir á sesión son de balde, e daranse ata completar o aforo das
salas.
Esta edición busca poñer sobre a mesa opcións de ocio saudable para a xente
nova, permitindo actividades fóra do horario escolar atractivas e de actualidade, que
ademais poidan practicarse en espazos cubertos nos meses do inverno.
Ademais dos filmes, o programa está complementado coa exposición pictórica ‘26
seres vivos’, de Manuel Fragoso, así como unha sesión de lectura de microrrelatos
da escritora Arantza Portabales.







































