A Estrada congregou a milleiros deasistentes nun dos seus entroidos máis concorridos

 Os concursos de disfraces e comparsas foron os grandes
animadores tanto no casco urbano como nas parroquias.
 Couso e Guimarei celebraron de novo este ano as súas festas de
entroido.
 A programación pecharase o vindeiro sábado co enterro do
Salmón, con saída desde a Porta do Sol ás 19.00 horas.

O Concello da Estrada fai balance dos
cinco días de festexos de entroido nos cales recibiu a milleiros de visitantes
para gozar da diversa oferta de actividades propostas para estas datas.
O concurso de disfraces promovido pola Asociación de Hostaleiros da Estrada
deu o pistoletazo de saída o pasado venres, enchendo os locais participantes
na iniciativa coa maxia do entroido. Tamén durante a fin de semana o Novo
Mercada acolleu un baile de disfraces infantil con merenda de balde para os
asistentes e a residencia da terceira idade un baile para maiores no que tamén
se incluíu a degustación de doces entroideiros.
Pola súa parte, Couso recuperou o seu tradicional entroido logo de oito anos
cunha xornada cargada de simbolismo na que a comitiva entroideira percorreu
a parroquia cos seus vivas e coplas. Non faltaron tampouco os encontros de
Correos e Xenerais e a danza tradicional do Entroido do Ulla.
O luns o protagonismo recaeu no concurso de disfraces e desfile, que contou
coa participación dun total de once agrupacións. Os premios grupais viaxaron
todos ao sur da provincia, pois a Comparsa Ciclón de Tomiño fíxose co
primeiro premio grazas á súa interpretación de Notre Damme, seguida da
comparsa Talismán de Salceda de Caselas a Asociación Cultural Comparsas
Luces de Tomiño, en segundo e terceiro lugar respectivamente.
Tamén Guimarei gozou o luns dunha xornada repleta de propostas que
culminou cunha verbena coas orquestras París de Noia e Finisterre.
O martes de entroido, o desfile de comparsas captou a atención do público
grazas ás súas referencias a temáticas municipais. Ademais das nove
agrupacións, ata catro ANPAS non perderon ocasión de desfilar nunha tarde na

que tamén actuou o Padre Xiao, dando paso ao encontros dos Correos e
Xenerais.

GALERÍA; 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.