Luz verde ao inicio de contratación do expediente para a realización do XV Campus Deportivos de Verán

 

                                                                                               

·       A medida, aprobada hoxe en xunta de goberno, contará cun orzamento de 49.000 euros.

 

·       Os campus deportivos supoñen unha das actividades máis demandas polas familias nas vacacións estivais, supoñendo un importante activo na conciliación familiar.

O goberno local aprobou esta mañá na
xunta de goberno o inicio de contratación do expediente de contratación do
servizo para a coordinación e realización da actividade dos campus deportivos
do Concello da Estrada para este 2024, cun importe de 49.000 IVE incluído.
Deste xeito, avanzase cara a realización dunha actividade moi demandada
polas familias no verán, dado que supón un dos principais activos propostos
desde o Concello para favorecer a conciliación familiar durante o período de
vacacións académicas.
A celebración da que será xa a décimo quinta edición desta iniciativa reafirma a
aposta do goberno local por ofrecer unha alternativa de lecer saudable para a
mocidade. Dita aposta vese sempre acompañada pola resposta do público,
dado que na pasada edición o Campus Deportivo acadou o seu máximo
histórico con 334 solicitudes admitidas, implicando a asistencia de 129 mozos e
mozas máis que no 2022 e de 239 en relación ao 2021, dando mostra da
tendencia á alza desta iniciativa entre a veciñanza estradense.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.