O Trofeo SondoDance Concello de Baile Deportivo da Estrada, organizado pola escola de baile do mesmo nome, celebrou esta fin de semana a súa vixésima edición, na que reuniu a uns 250 deportistas para competir polo podio en tres modalidades: Baile Deportivo, Baile Coreográfico e Danzas caribeñas. Desde a organización, Carlos Romero di estar moi satisfeito coa participación, tanto por parte dos concursantes como do público, que na mañá deste domingo encheron os bancos do pavillón Coto Ferreiro.
En Open Latino Junior, o primeiro posto foi unha vez máis para Manuel Matalobos Buján e Noa Romero Barcala. Do mesmo xeito, en CBD SondoDance a segunda posición foi para Enzo Mogo Figueiras - Aroa Nercelllas Ryubal. Mentres que o terceiro posto foi para a aula Aiden Villar Gens e Nercellas Ruibal.
En Individual Latino Xuvenil I Segunda Territorial Triana Mogo Figueiras acadou a cuarta posición e, finalmente, en Open Standard Junior o ouro foi para Manuel Barreiro Sabarís e Alba Falcón Penin. Finalmente, en Pasos Baile Galicia, a prata foi para Manuel Matalobos e Noa Romero, o bronce para Enzo Mogo e Aroa Nercellas e o cuarto posto para Aiden Villar e Paula Nercellas. GALERÍA:
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.