Clara Torres realizou o pasado xoves unha charla sobre nutrición en Santo André de Vea

IMG_4649A asociación de Mulleres Rurais de Santo André de Vea organizou o pasado xoves unha charla de nutrición e bos hábitos alimentarios impartida pola asesora nutricional Clara Torres.

Trala charla as asistentes puideron preguntarlle dúbidas e tópicos cos que nos atopamos habitualmente.

Clara tratou os seguintes puntos que ela mesmo nos resume:

IMG_4659A Organización Mundial da Saúde xa considera a obesidade como unha epidemia a nivel mundial. Máis da metade da población española está por enriba do seu peso recomendado, e se falamos da obesidade infantil, case un de cada dous nenos ten un peso superior ao recomendado para a súa estatura e idade.

O verdadeiro problema está en que a obesidade se relaciona coas principais enfermidades crónicas como diabete tipo 2, hipertensión arterial, certos tipos de cáncer e coas enfermedades cardiovasculares.

Tanto sobrepeso como obesidade son causas dun estilo de vida inadecuado. Unha mala alimentación e o sedentarismo facilitan que a graxa se deposite e a báscula marque cada vez máis quilos.

A solución parece sinxela, e de feito o é. Todo está nas nosas mans e basta con seguir 5 puntos clave:

IMG_4651– Beber un litro e medio de auga cada día

– Aumentar o consumo de froitas e hortalizas, así como de cereais integrais

– Reducir o consumo de grasas e azúcares

– Facer un reparto calórico adecuado, comezando por un bo almorzó

– Dedicar unha hora ao exercicio, como mínimo tres días á semana.

Clara Torres Campos ten consulta en A Estrada no centro terapéutico Alameda, na rúa Serafín Pazo, 31 Baixo, Telf. 986 570074, email: claratorrescampos@gmail.com

Redacción: Iria Eiras e Clara Torres

Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta