Poden solicitala titulares ou usufructuarios de vivendas unifamilaares
ou colectivas, así como comunidades de propietarios.
A orquilla das axudas vai de 6.000 a 12.500 euros, incrementándose se
no inmoble reside unha persoa con discapacidade
O Concello da Estrada prestará, a través do seu
departamento de Emprego, asesoramento aos veciños interesados na nova
convocatoria de axudas do programa de mellora da acccesibilidae en viviendas para o
ano 2025.
As actuacións subvencionables son diversas, comenzando pola instalación de
ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas,
incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así
como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente
de persoas con mobilidade reducida, tanto en edificios como en vivendas unifamiliares,
incluíndo os dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade
sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa
sectorial correspondente. Inclúese a integración mediante un único mecanismo de
identificación (teléfono intelixente, cámaras, pantallas ou outros dispositivos
tecnolóxicos equivalentes en canto á súa funcionalidade) dos sistemas de apertura e
control de accesos e doutros sistemas que necesiten control persoal e a adaptación,
cando existan, á altura non superior a 1,40 m dos dispositivos xa instalados.
Tamén se situarían baixo o paraugas desta axuda a instalación ou dotación de produtos
de apoio, tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos
de guiado que permitan a localización ou o acceso e uso por parte das persoas con
discapacidade a elementos comúns do edificio, de ser o caso, tales como xardíns, zonas
deportivas, piscinas e outros similares.
De igual xeito, poderían ser actuacións subvencionables sinais luminosos e visuais,
vibrotáctiles ou sonoros que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores ou
interior de vivendas, así como aqueles produtos de apoio a audición para a
accesibilidade no entorno. Entrarían tamén elementos ou dispositivos electrónicos de
comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que
proporcionan información visual e auditiva e análogos ou instalación de domótica e
doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores
ou con discapacidade.
En canto aos beneficiarios, poden ser propietarios ou usufrutuarios de viviendas
unifamiliares ou vivendas colectivas, así como as comunidades de propietarios. O prazo
de presentación de solicitudes será dun mes, transcorridos 5 dñuas hábiles dendeo
seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Contías da axuda
En relación as contías máximas das axudas, para as vivendas unifamiliares poden chegar
a 12.500 euros; 9.000 euros por vivenda e 90 por metro cadrado de superficie construída
de local comercial ou outros usos compatibles, cando se solicite para actuacións
correspondentes a edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva; e ata 6.000
euros por vivenda cando se solicita para actuacións correspondentes a vivendas situadas
en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda se reside unha persoa
con discapacidade e ata 18.000 euros por inmoble se esta acredita un grao de
discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %






































