A Concellería de Deportes, Novas tecnoloxías e Participación Cidadá, en colaboración cá peña Ciclista Bikestrada, ofertan para este outono as rutas populares de BTT. Levaranse a cabo dúas rutas para nenos e dúas para maiores.
As rutas para os mais cativos terán lugar os sábados do 26 de Outubro e o 2 de Novembro. A saída será as 16:00 horas da Praza do Concello. Todos os participantes terán que vir acompañados polos seus titores e traer unha autorización firmada polos mesmos para poder participar. Evidentemente o uso de casco e obrigatorio.
As rutas para os maiores de 16 anos serán os domingos 24 de Novembro e o 1 de Decembro. A saída será as 10:00 horas da Praza do Concello. Todos os participantes menores de 18 anos terán que traer unha autorización firmada polos seus titores. Uso de casco obrigatorio.
Redacción: Concellería de Deportes






































