Inauguramos unha nova sección "Percorrendo Galicia" na que vos animamos a descubrir Galicia connosco

IMG_5821Inauguramos nova sección en A Estrada Na Rede, Percorrendo Galicia, onde, “como o seu nome indica, faremos un percorrido polos lugares máis importantes e curiosos de Galicia”, así no lo define a nosa nova colaboradora, Ana Requeijo, unha estradense viaxeira e amante da fotografía que nos descubrirá moitos lugares que podemos visitar na nosa xeografía.

Como Ana nos indica, “todos sabemos que nos gusta viaxar e coñecer novos sitios fora de Galicia, aínda que dentro dela temos moitísimos lugares máxicos que non coñecemos. Dende esta nova sección imos a tratar de amosarvos eses lugares para que vós tamén vos animedes a visitalos e percorres Galicia connosco. Mentres,… desfrutade!!”

Dende A Estrada Na Rede, queremos agradecer a colaboración de Ana por abrirnos o seu amplo arquivo fotográfico e contarnos as súas experiencias levándonos a percorrer Galicia con ela.

Redacción: Iria Eiras

Fotografía: Ana Requeijo

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta