O GOBERNO DA ESTRADA FAI UN POSITIVO BALANCE DUNHA DASFESTAS DO SALMÓN MÁIS CONCORRIDAS QUE SE RECORDAN

 “Foi realmente impresionante”, sinala Óscar Durán, que hoxe puido
pulsar o retorno da celebración entre os hostaleiros.
 “Houbo moita xente pola rúa, dende a mañá ás 12 da noite. Nenos,
maiores, familias enteiras…parecían as festas patronais”, sinala.
 “A edición 50+1 saíu como se pretendía: cun salto de calidade e unha
organización que permitiu que A Estrada estivese chea dende o venres”

“A edición 50+1 saíu como se pretendía: cun salto de
calidade e unha organización que permitiu que A Estrada estivese chea dende o venres”.
Así resumiu hoxe o concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, a marcha da LI
Festa do Salmón, que este domingo se converteu nunha das máis concorridas que se
recordan.
“Foi realmente impresionante”, incidiu Durán, que hoxe tivo ocasión de pulsar a
satisfacción entre os hostaleiros e que xa o domingo foi recollendo as boas críticas que
despertaron os cambios practicados no formato da principal celebración gastronómica
do Concello da Estrada. “Veu moita xente de fóra e moitos transmitiron a súa sorpresa
polo ambientazo que toparon”, sinalou o edil que se puxo ao fronte da organización.
“A hostalería estivo á altura”, continuou Durán, sumando á elevada afluencia a alta
calidade da degustación popular. “O público aplaudiu a variedade e cantidade de tapas”,
sinalou. As conversas mantidas na mañá de hoxe co sector permitiron ao concelleiro de
Promoción Económica asegurar o elevado retorno que beneficiou a esta actividade, de
xeito especial no día grande da festa e ao longo de toda a xornada.
“O tardeo funcionou moi ben”, sinalan tamén dende o Concello, remarcando a presenza
nas rúas ao longo de todo o día de “nenos, maiores e familias enteiras”. “Había moita
xente pola rúa; parecían as festas patronais”, comparou Óscar Durán, que non perdeu
ocasión de sinalar que a Praza da Constitución quedou pequena para acoller a elevada
afluencia, distribuída tamén polas prazas e viais da alameda municipal, aproveitando a
disposición de mesas e puntos para degustar as diferentes variedades culinarias. “Dende

as primeiras horas da mañá, para almorzar, ata medianoite houbo xente na rúa. Hai que
recoñecer que contar coa París de Noia foi todo un acerto”, sinalou. “Foi moi boa a imaxe
transmitida. Podemos sacar peito como pobo e como hostalería”, engadiu
Asumindo a importancia que tivo tamén o tempo na boa marcha da festa, o balance
positivo que realiza o goberno local tamén se fai extensivo á carpa de gran formato
instalada na Praza da Constitución e aos beneficios que continúan amosando as obras de
humanización, tanto deste mesmo enclave como das próximas Serafín Pazo e Calvo
Sotelo.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.