A iniciativa da Deputación de Pontevedra contempla estancias con
pernocta de seis días e cinco noites, en réxime de pensión completa.
A Deputación de Pontevedra, en colaboración co
Concello da Estrada, abre o prezo de presentación de solicitudes para o programa
DeporTermal 2025. Os interesados poden achegar dende hoxe as súas solicitudes, coa
previsión de que o prazo se peche o vindeiro 6 de xuño.
O programa consiste nunha estancia con pernocta de seis días e cinco noites, con
entrada os domingos pola tarde e saída o venres despois de xantar, nun hotel con
balneario, talaso, spa ou instalacións de características similares da provincia de
Pontevedra. Será en réxime de pensión completa e con actividades de animación
sociocultural.
Os establecementos incluídos no programa son o Gran Talaso Hotel Sanxenxo 4*, Hotel
Carlos I Silgar (Sanxenxo), Hotel Spa Norat Torre do Deza (Lalín), Hotel Spa Galeta
(Portonovo, Sanxenxo), Hotel Novo Astur&Spa (Vilalonga, Sanxenxo), Balneario de
Mondariz (Mondariz-Balneario), e Talaso Hotel Louxo La Toja (A Toxa, O Grove). Os
prezos por persoa, unha vez descontada a subvención da Deputación de Pontevedra
sitúase entre os 233 e os 325 por estancia.
Entre os requisitos para participar no programa figura estar empadroado no Concello da
Estrada, ter 55 ou máis anos; non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía
incompatible co programa, así non padecer alteracións de comportamento que poidan
perturbar a normal convivencia, nin enfermidades con risco de contaxio. Tamén se
require ter autonomía para as actividades elementais da vida diaria. Para participar
sendo menor de 55anos, é preciso ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou
superior ao 65%; posuír a condición de pensionista ou ter acreditado un respiro familiar.
As solicitudes cursaranse dende o departamento de Servizos Sociais na sede electrónica
da Deputación. Para a tramitación do procedemento, o solicitante terá que autorizar a
consulta automática de datos incluídos nos seguintes documentos: NIF das persoas
solicitantes; certificado de residencia; certificado de renda do último exercicio; consulta
de prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas para acreditar a condición de
pensionista e certificado de recoñecemento do grado de discapacidade.
No caso de solicitantes que deban xustificar que precisan dun respiro familiar, deberán
presentar o informe do traballador/a social, nun prazo de 10 días contados a partir da
finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Os interesados poden ampliar a información no departamento de Servizos Sociais, na
planta baixa do Concello.






































