A sala de xuntas do Concello da Estrada acolleu este
mediodía unha reunión da Mesa Local contra a Violencia de Xénero, que retoma a súas
reunións presenciais para coñecer persoalmente aos novos membros e para analizar os
datos que se manexan neste momento en relación ás situacións de violencia de xénero
no municipio estradense. Os datos aportados polos distintos compoñentes da mesa
permiten observar un incremento significativo das consultas e das denuncias neste
concello, un aumento que hai que entender ligado tamén a unha suba significativa do
coñecemento e do acceso aos recursos.
Na reunión de hoxe estiveron presentes a concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar;
a xefa da Unidad de Violencia contra la Mujer, María José Rodríguez Pérez (en
representación da Subdelegación do Goberno); o Director Xeral de Loita contra a
Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia,
Roberto Barba Alvedro; unha unidade especializada de VIOGEN da Garda Civil; o xuíz do
Xulgado Número 1 da Estrada, Ricardo López; a traballadora social do Centro de Saúde
da Estrada, Milagros Núñez; as psicóloga e avogada do Centro de Información á Muller
(CIM) da Estrada; representantes do departamento de Servizos Sociais do Concello e
integrantes dos grupos da oposición municipal.
“Dende o CIM da Estrada temos claro que, en temos xerais, fomos incrementando o
número de consultas e tamén aumentou, ao longo dos anos, o número de mulleres
vítimas atendidas, pero non porque a violencia en si se vira incrementada senón porque
se incrementa a denuncia e o acceso aos recursos. As mulleres saben que teñen recursos
especializados os que acudir”, sinalou a directora do Centro de Información á Muller da
Estrada, Margarita de la Calle.
O dato aportado polo CIM estradense permite ver unha clara evolución na atención: se
en 2017 se atendeu dende este servizo a 98 mulleres, no último ano de referencia (2024)
foron un total de 179.
Dende a Subdelegación do Goberno aportouse outro dato relevante: neste intre existen
na Estrada 42 casos activos, aos que se lle fai o correspondente seguimento, en materia
de violencia de xénero.
A idea da Mesa Local contra a Violencia de Xénero é traballar conxuntamente, e sempre
coordinados a través do protocolo activo, para que as mulleres estean sempre ben
atendidas e se optimicen os recursos existentes
A MESA LOCAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CONSTATA UNAUMENTO DAS CONSULTAS NA ESTRADA ANTE UN MAIORCOÑECEMENTO DOS RECURSOS
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































